martes, 22 de febrero de 2011

Dadaísmo nas aulas



A arte do absurdo como bofetada visual e emocional. Que mellor exemplo que unha persiana no armario, ou unha inservible papeleira tamén no armario... que por certo... non pecha. É a reinvidicación do inservible levado ó extremo. A conmoción está servida.

Neve de deseño

O luxo de ter neve nun corredor, sen que se funda, nunha especie de Nadal eterno. A maxia da creación.

domingo, 13 de febrero de 2011

A reflexión en penumbra

Máis vantaxes: conseguir unha penumbra con medios exiguos para fomentar a reflexión personal. Non só alimentamos intelixencia e estímulos, tamén a meditación. Creatividade, inxenio, meditación, resolución... proxecto integral da formación da humanidade.

A intelixencia casual

Ese empeño en medir a intelixencia humana levado ó absurdo... O azar e a necesidade... a humidade e un diccionario... e o resultado é evidente: a sabedoría engrosa de forma espontánea. Toda unha invitación a abandonar o paraugas....

Intelixencia humana

A intelixencia pode non ter límites. Algo tan sinxelo como unha porta que non pecha, pon ó intelecto a proba. A actuación resulta impecable.

Solucións atopadas

O éxito da nosa perfomance demóstrao a posta en práctica espóntanea de actuacións anónimas ou non tan anónimas, pero en todo caso, intelixentes pola súa eficacia e sinxeleza.

Propostas democráticas


Sacarlle proveito ós deperfectos:
1. Perfomance integral. Cada persoa proxecta no desperfecto unha reacción personal.
2. Estimula o inxenio. Cada persoa imaxina solucións propias. A abanico pode ser inmenso.
3. Impide a indiferencia. Consegue activar ós espectadores ante o obxecto. Nunca un obxecto cotiá tivo tanto protagonismo.
4. O encanto da ruina. O fragmento fronte á perfección acabada estimula a imaxinación de quen observa.

Perfomance



Só con cubos de diferentes cores e formas, o espazo transfórmase nunha exposición que non deixa pasivo a ninguén. O impacto provocado no visitante está garantido.

Mobiliario funcional

Un dos grandes luxos é ter a certeza de que o mobiliario varía, e nada nel é aleatorio ou supérfluo. A funcionalidade está fora de toda dúbida. A presteza con que a cada necesidade nova xurde unha solución nova, é digna de asombro.

Paredes de vangarda II

Ese "non finito" do que falabamos, permitirá co tempo novas e sorprendentes apreciacións: uns días máis, tal vez meses, se todo vai ben, teremos as nosas caras de Belmez, transformadas a saber en que. A emoción dun futurible que xa se palpa no ambiente...

Paredes de vangarda

Hai matices cheos de riqueza visual. Paredes con texturas múltiples. Superficies que invitan á ensoñación. Ambientes con aromas evocadores. Un "non finito" que estimula a imaxinación. A creatividade deixada ó azar, á sorpresa das transformacións diarias, o entorno cambiante e sempre vivo, o reino dos microorganismos en expansión... un luxo sinestésico que non ten desperdicio.